PREGUNTAS
Resposta:
A tarifa de discriminación horaria é unha tarifa con dous tramos de facturación diferentes segundo a hora na que se consuma o subministro eléctrico.
Os prezos establécense en dous períodos, os denominados val e punta, que se adaptan aos cambios de hora de inverno e verán.
A principal vantaxe que mostra esta tarifa é que se o consumo é do 60 % ou maior no período val, pódense conseguir aforros de ata un 40 %.